Galicia Feiticeira
Publicado en Nov 27, 2012
Prev
Next
Mira un ceo sempre gris
sobre terra ben mollada,
onde soa brilla a lúa,
onde vive miña amada.
Mira unha estrela tristeira
entre risas apagadas,
dende onde morre o Eo
ata a costa da Guarda.
¡Ai! Galicia feiticeira.
¡Ai! Media vida ou enteira.
Patria de festas e feiras
sempre serás a primeira.
Soña cun mundo perfecto
onde non che falte nada,
xunto con trasnos e meigas
e tamén algunha fada.
Soña cunha vida leda
na túa terra desexada,
dende a costa da Morte
á fronteira zamorana.
¡Ai! Galicia feiticeira.
¡Ai! Media vida ou enteira.
Patria de festas e feiras
sempre serás a primeira.
Página 1 / 1
Foto del autor Julin
Textos Publicados: 59
Miembro desde: Nov 20, 2012
0 Comentarios 342 Lecturas Favorito 0 veces
Descripción

Poema dedicado a mia terria galega

Palabras Clave: Galicia Feiticeira

Categoría: Poesa

Subcategoría: Poesa General



Comentarios (0)add comment
menos espacio | mas espacio

Para comentar debes estar registrado. Hazte miembro de Textale si no tienes una cuenta creada aun.

busy