Amada Desideria
Publicado en Nov 22, 2012
Prev
Next
Dende que os meus ollos te viron, caín preso nos brazos de Morfeo, desexando nunca máis espertar. Eu era un pequeno e febre barco no ancho océano do amor, ti eras o porto no que desexaba atracar, pero estamos tan lonxe que non sei como te vou atopar.
Mirei cara o leste, e fixeime como os primeiros raios do orto iluminaban todo o ceo, e tinguían o mar dun tranquilo cor azul, todo aquilo non facía outra cousa que recordarme os teus ollos e o teu pelo, aos cales so vin unha vez; coma quen ve no medio da nevoa un raio de lua chea e del se namora, desexando que nunca se apague.
Durante o largo percorrido moitos portos se cruzaron no meu camiño, pero eu arriaba as veles noutra dirección. Agardando que algún día, puidera mirar polo meu catalexo e ver a terra firme, na que tanto anhelo estar. Ollar de novo e darme de conta de que cada vez te teño máis cerca. E que sen ti, sen estar amarrado con fortes cordas no teu peirao, o único que me espera é afundir, rachar coma o Titanic e acabar nas fauces das quenllas.
Por todo isto, tódolos días, escriboche unha mensaxe dicindoche canto te amo. E logo lanzoa ao mar, nunha botella, coa utopia de que ti a atopes e a leas.
Agora, cerca está xa o ocaso, as derradeiras luces do amor alumean na miña cuberta, as derradeiras palabras voan no vento, levando na súa corrente un derradeiro susurro que di: veeeeeeeeeeeeeeennn!!!!
Página 1 / 1
Foto del autor Julin
Textos Publicados: 59
Miembro desde: Nov 20, 2012
1 Comentarios 324 Lecturas Favorito 0 veces
Descripción

Carta de amor

Palabras Clave: Carta Desideria

Categoría: Cuentos & Historias

Subcategoría: Personales



Comentarios (1)add comment
menos espacio | mas espacio

Julin

Veo que hay gente que lee mis texto, pero si podeis dejad algún comentario u opinión
Responder
November 22, 2012
 

Para comentar debes estar registrado. Hazte miembro de Textale si no tienes una cuenta creada aun.

busy